18/9/09

Exame de setembro PAAU latín 2009

Onte xoves 17 de setembro tivo lugar a proba de latín para os alumnos de Selectividade de setembro. Na proba de tradución, un texto de Eutropio e outro de Fedro.
No caso do texto de Eutropio atopámonos cun texto máis difícil do que saiu en xuño, en especial por mor dunha frase complicada, onde se suman dúas estructuras de participio concertado, unha co suxeito (progressus) e outra do C. Directo (provocantem). Hai unha dificultade engadida se atendemos ao significado de progresus. Imos poñer aquí tres exemplos de tradución desta frase, feitos por profesores, que nin sequera concordan entre si no referente a este termo. Ningunha das súas solucións podemos atopala no diccionario VOX, usado maioritariamente polos nosos alumnos, que na entrada do verbo progredior propón: marchar, avanzar, pasar a, ir máis lonxe, progresar.
A frase en cuestión é a seguinte (Eutropio, 2,5):
(...) Lutius Manlius provocantem Gallum ad singulare certamen progressus occidit (...)
Tradución de Manuel Rodríguez Santos e M. Carmen Blanco Pardal en Bubok:
"Lucio Manlio matou a un galo que o retara perseguíndoo para unha loita corpo a corpo..."
Tradución na wikilatinsantome:
"L. Manlio (...) lanzándose a un combate singular mató a un galo que lo había retado..."
Tradución de Enma Falque en Gredos:
"L. Manlio (...) mató a un galo que le retaba, después de haberlo perseguido para luchar contra el cuerpo a cuerpo".
Botamos en falta aquí, ademais da referencia do texto (Eutropio 2.5), unha nota ao pé precisando o termo anterior, igual que se fixo con sublato.
O texto de Fedro non presenta complicación e ademais o seu sentido está completo, non como pasara en xuño.
En canto ás cuestións hai unha que chama a atención pola súa redación. A pregunta di: Segundo o que viu e leu de Plauto, como se reflicten as características dos personaxes plautinos?
Non sería mellor unha redación máis clara?, ou sexa: Características dos personaxes de Plauto.
Aquí tedes o exame en cuestión.


2 comentarios:

jvelez@edu.xunta.es dijo...

BRUTAL ERRATA: ¿Como poden poñer no texto latino "Lutius(!) Manlius". É, evidentemente, Lucius!!!! ¿Que lapsus mentis tiveron? Probablemente que, como a forma galega de Quintius é Quincio, colouselles aí en latín un Lutius que NON EXISTE NIN EXISTIU NUNCA EN LATín. Ademais, a forma do praenomen aparece abreviada (L.) no orixinal. ¿Por que meten a pata? ¿Por que non poñen, entón, T. (Titus) Quintius? E outra cousa: as dificultades dos participios veñen de que non se puxeron comas. Isto é lexítimo, PERO NA EDICIÓN MÁIS HABITUAL DE EUTROPIO SI QUE APARECEN COMAS QUE ELES NON PUXERON. (Véxase o texto da Edición Teubner). En definitiva: ¿por que tocan o texto? ¿Por que o tocan tan mal?
ASINADO: Xosé Manuel Vélez (Ourense).

Álvaro P. Vilariño dijo...

Vélez, grazas polo comentario. Moi acertadas as túas observacións. Sinto non poder responderche ás preguntas do final...