15/11/09

PAAU 2009/2010. Proba e modelo de exame de latín.

Lonxe da Idade de Ouro na que o coordinador López Pereira convocaba aos profesores para explicar o modelo das probas e recibir suxerencias sobre as mesmas (con escasa asistencia dos mesmos, todo hai que dicilo...), este ano recibimos a primeira información a mediados do mes de novembro, aínda que a circular está datada en outubro. No correo recibido nos Centros, alomenos no meu, no vén ningún arquivo adxunto, só un aviso de que está actualizada a parte da web que se refire a Latín.
Despois de picar aquí e alá chegamos por fin á páxina en cuestión, para atoparnos con poucas novidades. A máis destacable o cambio de coordinador. López Pereira deixa o seu cargo e substitúeo José Carracedo. Ademais a obra de Plauto elixida no apartado de lecturas pode ser "Anfitrión" ou "Xemelgos", de acordo co programa do festival de Teatro Grecolatino de Lugo 2010 organizado por SeecGalicia, que por certo sufriu un cambio de programación de última hora.
Nas lecturas seguimos igual, como se comentara na última asemblea de SeecGalicia: mal elixidas e de autores que non están no programa. O tema de Literatura é "A Lírica e Horacio", e as lecturas son de Catulo, o tema e "Cicerón e a Oratoria", e a lectura de Tácito. E como se pode dar a elixir entre a lectura de Xemelgos ou Anfitrión ou o visionado da película “Golfus de Roma”? E que nas PAAU de Grego poden elixir entre a lectura de Homero ou a película Troia? Non é de recibo poñer ao mesmo nivel a lectura en tradución dun texto orixinal latino cunha paiasada de Hollywood. É esa a visión do mundo clásico que lle queremos dar aos nosos alumnos?
Aquí queda esa circular informativa e o modelo de exame proposto:
Circular Modelo Exame 09 10

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Boto de menos estos exames. E xa fai uns aniños que tiven que enfrentarme a eles, contigo como mestre. Aínda o outro día na clase de romano, falei co mestre do "ubi tu gaio, ego gaia" sobre os matrimonios cum manu e sine manu.... Que recordos!


Un saúdo ben agarimoso dende Madrid,


a túa ex-alumna: Mariña.


(curso 2006/2007)

Álvaro P. Vilariño dijo...

Ola Mariña, eu tamén me acordo do voso grupo! Saúdos dende A Estrada!