28/2/10

Centaurinhos e centaurinhas 2.0

Logo de ser testemuña de curiosas metamorfoses docentes, creo que por fin atopei aos alumnos 2.0. Atentos, vivos, rápidos, participativos, semella que naceron xa pegados á pantalla do seu ordenador portátil. 
O pasado venres celebrouse a terceira sesión do curso de "Iniciación á Metodoloxía Científica", organizado por SEECGalicia dentro do marco dos cursos de postgrao da USC, e dirixido fundamentalmente a estudiantes de Filoloxía Clásica (si, si, aínda quedan, e cunha bolsa de traballo que os reclama ao acabar a carreira, para que despois digan que o Latín e Grego non valen para nada...)
O curso está estruturado en catro partes. A primeira, impartida por Cecilia Criado, estivo enfocada ás Fontes Primarias e Secundarias: obras e autores antigos en soporte magnético (formas de citación, edicións e traducións, datación), formas de citación das referencias bibliográficas secundarias, convencións de normas de estilo, bases de datos bibliográficas, Google Books, publicacións periódicas en liña e revistas electrónicas de acceso libre. Na segunda Paco Cortés Gabaudán encargouse do uso de grego antigo en tipografías Unicode (Sibylla, Euclides), dos textos clásicos na Rede (Perseus, TLG-Demo, Chicago Homer, DioscóridesThesaurus Linguae Latinae) e das bases de datos bibliográficas (L´Année PhilologiqueGnomonTOCS-INDialnet, Interclassica e Google Books). Na cuarta e última, a celebrar a partires do vindeiro venres, Xosé A. López Silva tratará dos paradigmas teóricos da Filoloxía Clásica.
A terceira, dedicada á Didactica das Clásicas, correspondeume a min. Falei sobre o noso proxecto, sobre Chiron. Unha vez presentada a nosa historia, as nosas seccións, os números (visitas, recursos, etc),  algunha sombra e os plans de futuro, pasamos directamente ao Taller. Fixemos as contas nos correspondentes servizos 2.0 e por medio de tarefas na Aula Virtual aprendemos primeiro a pedirlle información ao Centauro (imaxes, presentacións, ligazóns, documentos, etc), para dar paso logo á subida de recursos propios, incrementando así o inmenso patrimonio que atesouran xa as súas estancias. 
E rematamos fedellando na Rede Social, ad libitum, perdéndonos un pouco no seu labirinto...

Houbo tempo tamén para algunha sorpresa, semellante a aquela da amiga dunha amiga...

9 comentarios:

Xose Antonio López Silva dijo...

A verdade é que o curso está resultando un verdadeiro pracer de motivación, tanto para alumnos como para profesores. Un saúdo moi agarimoso e chironiano

Verde Manzanita dijo...

O curso é xenial, paseino pipa nas túas sesións subindo fotos, facendo a presentación e fedellando na rede social (que por certo tuneei a miña páxina).

O que non entendo é como de pronto todo o mundo se interesa polo meu blog. Xosé Antonio acaba de deixarme un comentario nunha das entradas!

Xose Antonio López Silva dijo...

Verde Manzanita, paréceme un blog a mar de bo e interesante. Tesme de fan, que o saibas!!!

Cecilia dijo...

Ya saben mis insignes alumnos y alumnas que no soy muy blockera (de block) porque nunca ando bien de tiempo pero enhorabuena, Verde Manzanita!!
Yo, como profesora de una parte del curso, también me encuentro satisfecha. Sobre todo por la actitud tan positiva y entregada de los que sois alumnos. El prof. Francisco Cortés Gabaudán me escribió el otro día un e-mail para decirme lo gratificante que le está resultando la parte no presencial. Que sois sensacionales, vamos!
Un saludo a todos que ya queda poco para que concluyamos.

Álvaro P. Vilariño dijo...

Xa sabes, o prezo da fama....!
De todas maneiras, se publicamos é porque queremos que nos lean, non?

Cecilia dijo...

Ya saben mis insignes alumnos y alumnas que no soy muy blockera (de block) porque nunca ando bien de tiempo pero enhorabuena, Verde Manzanita!!
Yo, como profesora de una parte del curso, también me encuentro satisfecha. Sobre todo por la actitud tan positiva y entregada de los que sois alumnos. El prof. Francisco Cortés Gabaudán me escribió el otro día un e-mail para decirme lo gratificante que le está resultando la parte no presencial. Que sois sensacionales, vamos!
Un saludo a todos que ya queda poco para que concluyamos.

Verde Manzanita dijo...

Se non digo que non, pero jo, é que me da cousa, qué queredes que vos diga...

Fíxenlle un lavado de cara ó blog, por certo. A ver se vos gusta.

MaDi dijo...

Gracias Xóse! Acabo de pasarme por el blog de Verde Manzanita y tiene muy buena pinta. Ya veo que nuestros profes del curso están contentos con nosotros, jeje. Eso da muchos ánimos para seguir descubriendo nuevos horizontes.
Gracias a vosotros por el trabajo tan magnífico que estáis haciendo. ¡Cecilia, anímate y bucea por el universo Chiron con más frecuencia! Bene valete

Cecilia dijo...

Pero, hija, de verdad que ya no tengo tiempo para bucear en más cosas. Y o por falta de ganas, conste!!