Ben, aínda que foi difícil de conseguir este ano, aquí está xa por fin o exame das PAAU de latín 2010 (con apuntamentos de alumno incluídos...)
Dous textos moi accesibles, tanto o de Eutropio como o de Fedro (que por certo, fixemos en clase máis dun ano). Sin problemas tampouco nas cuestións gramaticais.
En literatura foi o turno para Cicerón e Plauto, a elixir. As cuestións do mundo clásico tamén entraban dentro do esperado (de actualidade o topónimo de Sobrado, da que falamos aquí hai ben pouco por mor dun Conselleiro mentireiro)
Un exame polo tanto correcto. Os meus alumnos están desaparecidos, polo menos no mundo Virtual, así que aínda non teño a súa opinión. Pero penso que han estar ben contentos (iso espero...)
1 comentario:
Eu non sei o que che parecerá a ti, pero a min, estudar a Eutropio e a Fedro para selectividade chéirame mal e sempre me cheirou (máis que nada porque tamén eu os tiven que estudar). Fedro aínda ten un pase pero Eutropio é o peor do peor. En bacharelato debíase estudar a César, que é sinxelo e fala moi claro, e non a un pastrán que lle copiaba a outro que lle copiaba tamén a Tito Livio.
Polo resto, nunca tiven queixa do programa de latín... debe ser que hoxe estou combativa.
Publicar un comentario