5/12/10

Novela Histórica e dereitos de autor


Hai unhas semanas o profesorado galego recibiu esta información da Consellería:
---------
(Texto proposto polo grupo de traballo constituído a instancia da Comisión Xeral da Conferencia Sectorial de Educación para analizar o límite legal da ilustración para o ensino, establecida na Lei de propiedade intelectual)

INFORMACIÓN PARA OS CENTROS ESCOLARES SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
A Administración Educativa debe impulsar o respecto aos dereitos de autor nas aulas e na xestión e actividade diaria dos centros. É por isto que todos os membros da comunidade educativa deben coñecer que a propiedade intelectual dunha obra literaria, artística ou científica corresponde ao autor por o só feito da súa creación, e que ser autor conleva o ter recoñecidos unha serie de dereitos que todos debemos respectar.
A Lei de propiedade intelectual regula eses dereitos e tamén nos describe os límites que se lles aplican.
En concreto, o profesorado da educación regrada non necesita autorización do autor para realizar actos de reprodución, distribución e comunicación pública de pequenos fragmentos de obras ou de obras illadas de carácter plástico ou fotográfico figurativo.
Esta utilización unicamente pode ter lugar para a ilustración das actividades educativas nas aulas; e as obras, para poder utilizarse de forma fraccionada, han de estar, previamente, divulgadas, e no posible, o profesorado deberá facer referencia a quén é o autor e a fonte de onde se extraeu o fragmento.
Santiago de Compostela, outubro de 2010
-----------
Hai anos xa que veño traballando nas miñas clases con pequenos fragmentos de ensaio ou novela histórica. Neles cito sempre ao autor, ano de publicación, editorial e páxinas utilizadas. Acompaño ao final unha serie de preguntas relativas ao texto empregado.

Antes creaba sempre unha tarefa de edición en liña no moodle, onde copiaba estas cuestións para que os meus alumnos as editasen despois. Agora, coa implantación no noso centro de Google Apps, creo unha tarefa non en liña na Aula Virtual só para poñer as cualificacións pero fago as correccións nos documentos que os rapaces comparten comigo en Google Docs (a edición é para eles moito máis sinxela e fiable e eu podo insertar comentarios cunha nota á marxe ao corrixir).

A comunicación da Consellería animoume a publicar estes cuestionarios, que tan bo resultado me levan dando.

Antes pasaba moitas horas escaneando as páxinas e retocándoas despois cun programa de recoñecemento de caracteres (OCR). Pero hai pouco descubrín que outras persoas fixeran antes por min este engorroso traballo e que practicamente toda canta novela histórica hai publicada neste país pode atoparse en *.pdf ou en *.doc cunha simple pregunta (capciosa, eso sí...) ao mago Google.

Aquí queda unha pequena lista dalgúns dos fragmentos que eu traballei, coas cuestións na última páxina, por se poden ser de utilidade para algún colega.

* imaxe de btr1dot.com en flickr

2 comentarios:

Ricardo Collazo dijo...

Pero como ben di a Instrucción da Xunta, a utilización deses fragmentos circunscríbese ó aula. Esa é a excepción na ley, que ten por outra parte, todo o senso do mundo. Pero a posta a disposición dese contido nunha intranet ou a comunicación pública (na internet) dese material non está recollida na ilustración ó ensino

Álvaro P. Vilariño dijo...

Ricardo, agradezo o teu commentario, pero estaría ben precisar nestes momentos o significado de Aula. Intentar reducir este último ao espazo comprendido entre catro paredes ou o muro dun centro é como querer poñerlle portas ao campo.