11/3/12

#ChironValladolid

Camarzana de Tera, Mansilla de las Mulas, Cerecinos de Campos, Quintanilla de Urz. Queda claro que o telón de Grelos quedou atrás.
Este fin de semana estivemos en Valladolid, desenvolvendo a fase presencial das III Jornadas de Innovación Didáctica en el Aula de Clásicas, organizadas pola Sección de Valladolid da Sociedad Española de Estudios Clásicos, o Centro Buendía da Universidad de Valladolid, e o Departamento de Filología Clásica da mesma universidade.
Na tarde do venres Sebastiá Giralt presentou o portal de Chiron e o Marcador Social do grupo, que agora, tras os últimos cambios,  engloba todos os tipos de recursos, diferenciados coas etiquetas "documento", "vídeo", "presentación" ou "audio". Son historia xa os grupos de Chiron en SlideShare, Scribd ou Vodpod.
Despois foi o meu turno, no que falei dos usos e utilidades de Moodle. Como novidade, exemplos de Recurso de ligazón a unha páxina web construída cunha busca múltipla de etiquetas de Diigo, ou a outra con coleccións feitas con esta nova ferramenta, que nos permite facer galerías de imaxes ou vídeos.
Pola noite cea en La Buena Moza e paseo polas ruás de Pucela. Fresquito, fresquito.
O sábado abriu Luis Inclán, cos usos e posibilidades que ofrecen os blogs, e que nos trouxo gratos recordos de experiencias pasadas.
Despois José María Ciordia falou de wikis e das posibilidades que nos ofrece Google. No taller práctico editamos entradas da Wikipedia, engandindo etimoloxías. Gran idea que procuraremos aplicar á nosa Galipedia, que tan necesitada anda de colaboración.
Margalida Capèlla tomou o relevo tras o café, axudándonos a atopar textos clásicos na rede e a exprimir ao máximo o Collatinus para preparar os nosos exames. Deunos tamén outra novidosa idea para exames de tradución en moodle, combinando a traducción de pequenos fragmentos con preguntas gramaticais ou de comprensión do texto.
Pechou Rodericus (Rodrigo Portela) que, no seu Rubicón particular, disertou sobre os diferentes métodos para escribir en grego no ordenador ou para usar caracteres con símbolos fonéticos no caso do latín.
As xornadas foron seguidas intensamente no twitter, en  #chironvalladolid.
O meu agradecemento a Ana e Cristina, as organizadoras do evento, pola súa cálida acollida, que fago extensivo a todos os participantes no mesmo.
Voltamos coa satisfacción de re-presentar a Chiron unha vez máis, de coñecer por fin, en vivo e en directo, a Carlos Viloria,  e coa feliz nova da próxima participación de Castilla y León na edición 2013 do concurso Odisea.
Máis imaxes, do curso e da biblioteca de Santa Cruz de Valladolid,  neste álbum.



4 comentarios:

maite miñambres dijo...

Jo...Álvaro, que sorpresa máis grata me acabo de levar: Castilla-León na Odisea! Bo traballo, por todo! Seguín ChironValladolid en twitter.
Maite

Maite dijo...

Jo...Álvaro, menuda sorpresa me levei ao ler este post: Castilla-León na Odisea 2013! Canto me alegro! Seguín ChironValladolid en twitter. Bo traballo, por todo!
Maite

Luis Inclán García-Robés dijo...

¡Gracias por el comentario y por las fotos, Álvaro!
Hasta la próxima, que espero que sea pronto...

Susana Losada dijo...

Parabéns, chironianos! isto si que é unha auténtica conquista da Península Ibérica!