17/11/14

Vae Victis!

Roma, ano 695 ab urbe condita. A cidade está dominada polo primeiro triunvirato formado por Craso, Pompeio e Xulio César, pero este último ideou un plan para engrandecer a gloria de Roma... e facerse con todo o poder.

Ámbar, unha escrava de orixe celta, descobre os plans de César e comeza unha terrible odisea para voltar ao seu fogar, as Galias, a advertir ao seu pobo do perigo que se cerne sobre as súas cabezas...

Este é o argumento de Vae Victis!, un referente da novela gráfica histórica, con debuxos de Jean-Yves Mitton e guión de Simon Rocca.

É esta unha edición integral que consta de 3 volumes, con tres capítulos en cada un. Acción asegurada e unha ben documentada base histórica que nos farán pasar un bo rato e viaxar dende Roma ata Britannia, pasando polos diferentes pobos que configuraban a Gallia.

A vida no exército, o papel dos druídas, as alianzas e enfrotamentos entre Roma e os pobos galos. Todo isto e moito máis a través das páxinas desta obra altamente recomendada.

Para máis información podedes ler aquí unha reseña ou a completa entrada que lle dedica a wikipedia francesa.

No hay comentarios: